venres, 2 de novembro de 2018

PLE: Personal Learning Environment



Entorno Persoal de Aprendizaxe


Que vivimos nunha época onde a tecnoloxía ten gran influencia na sociedade, ninguén o discute. De feito comeza cada vez a escoitarse con maior forza o termo de Sociedade da Información, onde a tecnoloxía nos facilita a creación, distribución e manipulación da información, tendo esta gran repercusión e influencia nos ámbitos sociais, culturais e económicos.
Nun das áreas onde comeza a sacarse partido destes avances, é no campo da Educación. Onde nos atopamos por exemplo con contornas como o EPA -Entorno Persoal de Aprendizaxe-, o cal pode definirse coma o "conxunto de fontes de información, ferramentas, conexións e actividades que cada persoa emprega de forma asidua para aprender".[1]

Atopámonos polo tanto, cunha cantidade considerable de recursos de acceso para complementar e enriquecer a nosa carteira de coñecementos. Unha das características principais do EPA é o seu carácter interactivo, onde a persoa amais de consumir información debe facer as súas aportacións dentro do bucle que supón este recurso learning2learn.


O meu PLE


Non existe un modelo de PLE estándar, simplemente cadaquén posuirá un, adapatado á súa contorna cotiá, no que amosará todos os recursos ou ferramentas das que fai uso no seu proceso de aprendizaxe. Valga coma exemplo o meu PLE persoal.



Expansión do meu PLE


Unha ferramenta a ter en conta tamén de cara a ampliar a carteira de recursos é o Feedly. Este é un lector RSS que nos permite –dende o navegador web- organizar e acceder rápidamente ás nosas búsquedas de novas ou blogs favoritas e que adoitamos visitar asiduamente. Como exemplo unha vez máis adxunto o meu Feedly:


Outros


Unha das ferramentas que me espertaron maior interese pola súa utilidade foi a plataforma social Edmodo, na que non so se basa na relación docente-alumnado, senón que amais entre outras funcionalidades está a de crear xogos pregunta-resposta chamados quizzes nas que se pode levar unha evaluación do propio alumnado.


Para saber máis:

- Que é un PLE?
- Ferramentas que poden integrar o teu PLE.

Xabier Rodríguez Orosa


[1] “ Linda Castañeda e Jordi Adell. Entornos personales de aprendizaje: claves para el ecosistema educativo en red. (p.15 . 2013) Marfil.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

AS PROFESIÓNS MÁIS DEMANDADAS DE 2020

Susana Pombo Alcalde ¿Cales van a ser os sectores que crearan emprego a partir de 2020? ¿Qué empregos s...