martes, 16 de outubro de 2018

TARXETA DE MELLORA DE EMPREGO


¿QUE É A TARXETA DE MELLORA DE EMPREGO?


A tarxeta de mellora de emprego  é parecida á tarxeta de desemprego, pero pode ser solicitada por traballadores en situación de activo e que queiran mellorar a súa situación laboral.

Un traballador por conta allea ou autónomo, aínda que estea en activo, pode inscribirse no Servicio Público de Emprego Galego (SPEG) para poder recibir ofertas de emprego do sector no que está inscrito, ou ter acceso a cursos de formación gratuítos (sempre que o horario sexa compatible).

A tarxeta de mellora de emprego, ven sendo o “darde” que teñen as persoas en situación de desemprego, pero que en lugar de poñer “demandante de emprego”, pon “mellora de emprego”.





Coa tarxeta de mellora de emprego hai que seguir o mesmo procedemento que coa de desemprego: selar cada 3 meses. Se non se sela cae a demanda, é dicir, a tarxeta causa Baixa (do SPEG) e se perden os dereitos e antigüidade acumulados.

Estas datas de renovación veñen impresas na mesma tarxeta e pódese selar en calquera oficina de emprego do país, o ben na oficina virtual do Servizo Público de Emprego de Galicia no seu portal de emprego (emprego.xunta.gal) mediante usuario e contrasinal .


¿CÓMO SOLICITAMOS A TARXETA?


Para solicitar esta tarxeta hai que acudir á correspondente Oficina de Emprego e pedir a “mellora de emprego”.




O persoal da Oficina de Emprego fará un tramite moi sinxelo:
  • Da de alta a tarxeta, coma se estivésemos sen emprego.
  • No apartado OCUPACIÓNS” deixar a opción “OCUPADO”.
  • Activase o código 20 no apartado de "colectivos especiais".
  • Unha vez gardado xa sae o darde coas datas de renovación.



A documentación a presentar é a mesma que corresponde a unha nova inscrición :
  • DNI
  • Nº da  Seguridade Social (se nunca se estivo inscrito).
  • Titulacións académicas  e cursos realizados .
  • Vida Laboral.
  • En base as titulacións deberase elixir as ocupacións que desexa realizar. Este apartado é moi importante porque aquí pódense meter ata un máximo de 6 ocupacións: do que se sabe, do que se quere e do que se pode (quero, podo, sei). Claro está que se fan as comprobacións oportunas para que correspondan as ocupación solicitadas coas titulacións acreditadas.

Esta tarxeta só a poden pedir as persoas que están traballando, pois as que están desempregadas xa teñen a tarxeta común de desemprego.
Se se vai aportar moita documentación ou se precisa axuda para buscar ocupación acorde ás titulacións, débese pedir cita con un orientador, que encamiñará ao demandante pola senda mais axeitada.

Así queda a nosa demanda de MELLORA DE EMPREGO






Aquí deixo un vídeo explicativo:







Fontes consultadas:

Manuales do SICAS
Información do SPEG



JOSEFA PEREIRA LEAL

@SefiPereira




Ningún comentario:

Publicar un comentario

AS PROFESIÓNS MÁIS DEMANDADAS DE 2020

Susana Pombo Alcalde ¿Cales van a ser os sectores que crearan emprego a partir de 2020? ¿Qué empregos s...