martes, 16 de outubro de 2018

A AVENTURA DE BUSCAR TRABALLO

Sinatura convidada: Ana M. Raposo R.

Atópaste sen traballo ou queres mellorar o que tés e non sabes o que hai que facer? Aquí imos a darche unhas indicacións. Segue con nós.

Antes de nada, debes acudir á Oficina de Emprego que che corresponda polo teu domicilio para inscribirte como demandante ou mellora de emprego (caso de que xa estés traballando e queiras cambiar), presentando o DNI, titulacións académicas e toda a documentación que poida ser relevante, como certificados de cursos, carnés profesionais ou vida laboral.

Lembra que, canta máis información aportes, mellor clasificada quedará a túa demanda e máis posibilidades terás de que intermedie nunha oferta de traballo ou de formación. Tamén é moi importante que, se mudas de domicilio ou de número de teléfono, o comuniques no teu centro de referencia, polo mesmo motivo.

CITA DE ORIENTACIÓN

Recomendámosche solicitar unha cita de orientación, na mesma oficina ou nun centro colaborador (que pode ser o concello ou algunha asociación), onde o/a profesional resolverá ás tuas dúbidas e darache a información que considere oportuna. Tés que amosar confianza e ser sincero/a co persoal técnico, pois está para axudarche neste proceso de busca, e xuntos percorreredes un camiño que pode ser máis ou menos longo.

Ao mellor, na primeira consulta xa te ves preparado/a para buscar emprego, e non necesitas máis atención, co cal, o teu percorrido remata aquí. Mais se non é o caso, precisas facer un itinerario persoalizado de inserción ou IPI.


FASES DO ITINERARIO DE INSERCIÓN PERSOALIZADO (IPI)

1- Cita de Atención Persoalizada
Entrevista en profundidade na que se tratarán diversos aspectos:

- Facer unha análise do entorno e circunstancias persoais: que estás a facer, obrigas persoais e familiares e de que tempo dispós, tanto para facer busca como para traballar; tamén do ámbito no que te podes mover ou se te podes desprazar ou incluso mudar de residencia.

- Segundo a túa casuística, poderás ter dereito a unha prestación ou subsidio e/ou pertencer a algún colectivo especial, por exemplo, de garantía xuvenil, parados de longa duración, emigrantes retornados etc. 

- Logo centrarédesvos no plan profesional: revisión do currículo, se coñeces o teu entorno e as características do mercado laboral, se queres traballar por conta allea ou pola túa conta… Para iso é convinte que reflexiones un pouco e respondas a estas preguntas:

- De que quero traballar?
- De que podo traballar?
- De que quero e podo traballar?
- De que quero e non podo traballar?
- De que non quero pero si podo traballar?

2 - Perfil Profesional
En base á resposta, búscase unha ocupación, e mírase se cumples con ese perfil; sobre todo se posúes a formación requerida. Neste senso, hai unha ampla oferta de cursos subvencionados (unha grande parte con Certificado de Profesionalidade, que te acredita para exercer esa profesión), nos que poderás atopar os máis axeitados ao teu obxectivo.

Se non tés os estudos mínimos esixidos, podes acadar o nivel coas probas das Competencias Clave, que se celebran anualmente. 

Tamén pode ser que para esa ocupación teñas experiencia pero non formación; entón poderás participar no proceso do recoñecemento da experiencia profesional, que se convoca tódolos anos a través do BOE. 

O Certificado de Profesionalidade, sexa conseguido pola vía formativa ou pola vía do recoñecemento, ten validez en todo o estado español.

3 - Acordo Persoal de Emprego
Para seguir no itinerario, firmas un compromiso que leva implícito actividades como: acudir ás citas co/coa orientador/a, crear un currículo axeitado, redactar unha carta de presentación, visitar empresas, elaborar e seguir unha axenda de busca de emprego e/ou o que acordedes entre ambas partes.

4 - Seguemento
Un número indeterminado de entrevistas, nas que se irán analizando os resultados acadados e mirando as estratexias a seguir cando o plan non vai polo camiño previsto.

Entre un paso e outro, o/a persoal de orientación poráche unhas tarefas a cumprir, que se revisarán nas seguintes entrevistas.

5 - Peche
O normal é que se peche cando se cumplen os obxectivos ou por caducidade. Pode durar ata 6 meses, aínda que ás veces pode precisar algo máis de tempo.


Podes acudir a sesións grupais con outras persoas na mesma situación ca ti, onde practicaredes entrevistas de traballo e daránsevos as pautas para afrontalas, insistindo en aspectos como a presentación, coidado no aseo persoal etc

O que tés que ter moi presente é que a tarefa de buscar emprego é cousa túa, es ti o que se ten que mover; o/a orientador/a está para asesorarte e axudarte, pero non para facer o traballo por ti.

Aquí che deixamos un vídeo que che pode axudar no teu cometido:






E agora consideramos que xa estás preparado/a. Desexámosche moito éxito!!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

AS PROFESIÓNS MÁIS DEMANDADAS DE 2020

Susana Pombo Alcalde ¿Cales van a ser os sectores que crearan emprego a partir de 2020? ¿Qué empregos s...