martes, 16 de outubro de 2018

Así o facemos en.....Concello de Cambre


O concello de Cambre está situado na comarca da Coruña. Conta con unha poboación de 24.348 habitantes. O número de persoas desempregadas é de 1439, sendo un 57,54% mulleres e o 42,46% homes.

Co fin de mellorar a ocupabilidade das persoas en situación de desemprego, no ano 1989 ponse en marcha a Axencia de Desenvolvemento Local que se iniciou con unha persoa ao frente e que hoxe en día conta con un equipo multidisciplinar formado por:


  •          Responsable da A.D.L.
  •          Técnica de Formación e Emprego
  •          Técnica de Orientación Laboral (SPEG)
  •          2 Técnic@s de Promoción Económica
  •          Auxiliar administrativa
  •          Conserxe do Centro Municipal de Formación




Este departamento  ten como cometido o desenvolvemento económico do municipio e  a creación de emprego. Para iso divídese en dúas áreas: Formación e Emprego e Promoción Económica dirixidas e coordinadas pola Responsable da Axencia de Desenvolvemento Local.


ÁREA DE FORMACIÓN E EMPREGO


 Como o seu nome indica, esta área é a encargada de solicitar, tramitar, xestionar e xustificar todos aqueles proxectos relacionados coa formación e/ou o emprego.

Así, anualmente desenvolvese unha programación formativa, tanto o Plan AFD (Xunta de Galicia) como o Plan Municipal de Formación, plans de formación para empresarios/as e emprendedores/as, plans financiados por FSE, Deputación da Coruña.... 

Para a impartición das accións formativas contamos con un centro de formación no que temos aulas homologadas para a impartición de cursos conducentes aos certificados de profesionalidade :

Xestión Administrativa
Xestión de Recursos humanos
Mantemento de Instalacións solares térmicas
Soldadura
Atención sociosanitaria a persoas dependentes (en institucións e en domicilios).

En cada convocatoria anual, contrátase ao persoal docente encargado de impartir a formación.

Tamén neste centro de formación, desde o ano 2012 vimos desenvolvendo de xeito ininterrumpido, Obradoiros de Emprego da especialidade de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais .

Por outra banda, dentro desta área xestiónase unha bolsa municipal de emprego na que, mediante cita previa, poden inscribirse as persoas do municipio que busquen emprego ou queiran mellorar o que teñen.

Tramítanse ofertas de emprego de empresas do entorno máis próximo, preselecciónanse os perfís axeitados e derívanse á oferta.

Se queres consultar as ofertas de emprego:  

Dentro desta área encádrase a figura da Técnica de Orientación Laboral do SPEG, que como é sabido, atende ás persoas derivadas polo Servizo Público de Emprego orientando, guiando e acompañando na mellora da ocupabilidade informando dos recursos do propio Servizo Público de emprego como dos municipais complementando as medidas activas de emprego que se desenvolven no concello.

ÁREA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA:


É esta área a encargada do desenvolvemento económico do municipio.
Para iso, préstase asesoramento e apoio a toda iniciativa emprendedora que xurda, con información de trámites coa administración, xestión de subvencións...., cabe mencionar aquí que o propio concello convoca cada ano unha liña de axudas ao emprendemento denominada “Cambre Emprende”

Como non, tamén se presta apoio e asesoramento ao tecido empresarial xa establecido impulsando e colaborando  en diversas campañas de promoción e dinamización  como son a campaña de Nadal, feiras...

O Concello de Cambre pertence ao GDR “Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” e do Grupo de Acción costeira “Golfo Artabro Sur”, polo que tamén esta área será a encargada de potenciar e dar apoio aos proxectos que podan xurdir e poidan encadrarse nestes proxectos europeos.   
 
Por último, desde hai uns poucos anos, esta área encárgase de xestionar unha festa-celebración que parece que chegou para quedarse tendo en conta o éxito conseguido: “Galaicoi” festa histórica que recrea a convivencia en Cambre dos romanos coa sociedade castrexa. A importancia deste evento, ademáis de combinar cultura-patrimonio-lecer, baséase no impacto económico que non só se recolle no sector máis puramente turístico como a hostelería senon que pode dar lugar a outras actividades (confección e arrendamento de vestiario, animación...)

Aquí vos deixo un video da "Galaicoi"



Ningún comentario:

Publicar un comentario

AS PROFESIÓNS MÁIS DEMANDADAS DE 2020

Susana Pombo Alcalde ¿Cales van a ser os sectores que crearan emprego a partir de 2020? ¿Qué empregos s...