martes, 16 de outubro de 2018

"Knowmad", o perfil profesional máis demandado do futuro.



Ante unha perspectiva de futuro, na que a incertidume laboral está á orde do día, os cambios incesantes na sociedade, na economía e na tecnoloxía, fan que as empresas estean a poñer o foco nun modelo de empregado diferente ao convencional.
Non mostrar medo a fracasar, ser unha persoa creativa e resolutiva, demostrar curiosidade polo entorno e ter unha mentalidade flexible son algunas das competencias que se están a buscar nos traballadores do futuro. Hoxe en día xa non ten a mesma importancia un gran Currículum como mostrar unha actitude “Knowmad”. E de seguido falaremos do que isto representa.


¿Qué é un "Knowmad"?
Debido ao grado de aceleración dos cambios tecnolóxicos, culturais e sociais que se veñen dando nos últimos anos, non se sabe que camiño vai tomar a sociedade no futuro. Vivimos en unha sociedade onde os valores son fácilmente mutables, que reflexa un estado fluído e volátil, que crea unha incertidume de base.
Ante esta perspectiva laboral, o modelo de traballador con unhas responsabilidades específicas e estancas está a pasar a mellor vida, e búscanse persoas innovadoras, creativas e imaxinativas, que traballen en equipo, en calqueira lugar e momento. Así é como surxe o perfil “Knowmad”, ou o que ben a ser o mesmo, “Nómada do coñecemento”.
“Knowmad” é un neoloxismo acuñado por Jhon Moravecque combina os términos know(saber, coñecer) e nomad (nómada), para definir ese novo perfil baseado na aplicación da innovación e a creatividade en un entorno cambiante e incerto, de unha maneira colaborativa e emprendedora.
Sen lugar a dúbidas, a transformación dixital tivo moito que ver en a irrupción de este tipo de perfís adaptativos. Primeiramente porque estas tecnoloxías están en un cambio constante e evolucionan a velocidades de vértigo, polo que se ve necesario contar con persoas que sexan capaces de asimilarse ás mesmas e aplicalas con rapidez. E segundo porque éstas facilitaron o acceso a coñecementos independentemente da xeolocalización dos individuos, e facilitaron a interconexión dos mesmos.
O Perfil de un "Nómada do coñecemento"

Perfil de un "Knomad"

Sen medo a equivocarnos podemos dicir que unha seña de identidade dos “Knowmads” é o dominio de competencias xenéricas que lles permiten crear ecosistemas de innovación e entornos de colaboración para cooperar con individuos de outras culturas e lugares.
Ser un “Knowmad” non ten nada que ver coa idade ou pertenza a unha xeración concreta, senón que este tipo de persoas están en constante aprendizaxe e búsqueda de información para poder aplicalo, sendo conscientes de liberar o acceso ao coñecemento. Teñen a capacidade de desaprender para adaptarse a novos arquetipos, e o seu proceso de aprendizaxe é permanente e para toda a vida.
Ser un “Knowmad” consiste en avivar a curiosidade, emprender novos desafíos sen ter medo ao fracaso e entender que o que fas ten máis de reto que de obligación laboral.
Moitas persoas están crecendo con esa actitude fronte ao traballo, pero a gran trasformación ten que chegar por vía das empresas, que deben abandoar as arquitecturas ríxidas que as forman e abrazar a flexibilidade funcional que ofrecen estes perfís laborais.



E ti, ¿atréveste a ser un "Knowmad"?







Alejandro Montaña Méndez
Sinatura convidada
















Ningún comentario:

Publicar un comentario

AS PROFESIÓNS MÁIS DEMANDADAS DE 2020

Susana Pombo Alcalde ¿Cales van a ser os sectores que crearan emprego a partir de 2020? ¿Qué empregos s...