martes, 16 de outubro de 2018

Non teño experiencia laboral... non existo?




Esta entrada está pensada para ti: Farta de non ter unha oportunidade laboral pola túa falta de experiencia? Farta de non saber como arranxalo porque asemella ser un tema sen saída? Non experiencia = non traballo= non experiencia= non traballo, pois ben, é hora de mudar isto... segue lendo!

Independentemente da túa formación académica e da túa idade tes unha oportunidade de voluntariado agardándote.
Algo que debes saber antes de continuar é que a idolatrada EXPERIENCIAnon só se pode conseguir a través dunhas prácticas laborais ou dun traballo, tamén podes facelo pola vía da colaboración nun voluntariado.

A través do meu traballo tópome a diario con xente que está frustrada, que non sabe que facer para mellorar a súa experiencia vital de cara á inserción laboral, con persoas que non saben o que queren nin o que lles gusta, con xente que non atopa motivación para mellorar, con xente que opta por queixarse e inventar excusas para non facer nada novo. 
Que está pasando? Vivimos en tempos moi complexos onde as posibilidades se multiplican cada día, con mais acceso á información que nunca, con opcións de mobilidade, de multiculturalidade, non vos parece isto irónico? Precisamos un cambio radical de actitude ante o que se nos presenta. Ti decides, vas seguir queixándote do mal que vai todo na sociedade ou vas comezar a mudar a túa situación persoal? Agardo que a resposta sexa obvia.

Comecemos polo p r i n c i p i o: Unha persoa voluntaria pode colaborar na vila onde vive, na rexión, no seu país, en Europa e no mundo! Hai moitas oportunidades agardándote, só tes que decidir unhas cantas cousiñas:




Onde quero colaborar? Eres das que quere quedar a carón da familia e amigos ou das que pefire vivir algo novo lonxe dos seus?
Con quen? Queres ser a única persoa voluntaria no proxecto no que participes ou prefires traballar en grupo?
En que tipo de proxecto? Solidario, ONG, educativo, medio ambiente, arquitectónico, TICS, artístico, animal, agroecolóxico...
Canto tempo? Días soltos, semanas, meses, un ano enteiro?
Canto podo gastar? Podo pagarme eu os gastos de viaxe, manutención...? Bota contas, hai proxectos que cubren todos os gastos e outros só os da estancia no país (manutención + durmida).

Sabías que dende fai uns anos estan xurdindo moitas entidades que axudan ás persoas interesadas a atopar o seu proxecto ideal no que poder participar, aprender e desenvolverse como persoas.

Pero agarda un chisco que imos moi rápido...Por que facer un voluntariado? Sobran as razóns:

-Axuda nunha acción solidaria a impactar nas vidas dos demais
-Descubre o teu lado máis humano colaborando para acadar un obxetivo común (reducción de polución, construcción dunha escola, sostibilidade ambiental, ensino, coidado de animais, alfabetización a colectivos...)
-Viaxa, coñece o mundo
-Síntete máis capaz e independente
-Adopta novas perspectivas para ver a vida
-Aprende facendo, desenvolve habilidades que pensabas non ter
-Mellora o teu CV! (isto interésache)As experiencias internacionais valóranse moito! 
-Amplía o teu círculo de amizades
-Mellora unha lingua estranxeira
-Inviste o teu tempo eficientemente
-Coñécete mellor
-Vive e experimenta outras culturas!

Queres máis razóns? Pincha aquí

Hai varias formas de participar nun voluntariado noutro país. Imos comezar polas páxinas de referencia privadas para a busca de proxectos de voluntariado onde poder unirse. Nestas páxinas tes que rexistrarte, facer un perfil e solicitar o proxecto no que estes interesada. A continuación, a persoa responsable se porá en contacto contigo para coñecervos un pouco máis, arranxar unha conversa online e poder planificar con mais detalle.
Neste caso, os gastos de durmida e comida están cubertos mentres participas, mais terías que abonar tí os gastos da viaxe.
  • Proxectos variopintos en todo o mundo: Workaway


  • Máis proxectos variopintos: HELPEX


  • Interesada en traballar nunha granxa orgánica? WWoof


  • O teu non son os idiomas? Mira as Oportunidades de voluntariado en América Latina

Non acaba aquí a cousa, ademáis temos a sorte de contar con organismos públicos que tamén organizan voluntariados, sobre todo en Europa, e neste caso sí que cubren os gastos da viaxe e incluso algo de gastos de estadía!


  • Servicio de Voluntariado Europeo SVE





A quen podes seguir en Twitter para estar ó día?


Que podo facer xa?

Mellora o teu inglés, o teu francés o teu alemán ou calquera outra lingua da que xa teñas unha base mínima. En internet hai moitas formas de actualizar os teus coñecementos a través de xogos, plataformas para facer exercicios, por en práctica as túas habilidades de comprensión escrita, etc.

Outro xeito de ir preparándote para a túa experiencia de voluntariado é que consumas os media na lingua na que queres mellorar, por exemplo, cambia a lingua de todas a túas redes sociais, lé novas noutra lingua, disfruta de series e cinema en versión orixinal. Usa as bibliotecas públicas! En xeral teñen bastante material en inglés e francés sobre todo, novelas, magazines, cinema, música... Ademais, se non tes un ordenador ou tableta á túa disposición, nas bibliotecas públicas podes atopalos, en algunhas incluso podes pedir prestado un portatil. Que saibas que tamén hai aulas CEMIT en cada concello con equipos á disposición da poboación, visita a casa da xuventude ou centro social. 
Aproveita todos os recursos que o teu concello pon á túa disposición para preparar a túa saída. 

O paso máis complicado é dar o paso, unha vez teñas levantado o pé do chan nunca te vas arrepentir! Disfruta da experiencia e de colaborar con persoas estupendas a través dun voluntariado e mellora a túa futura inserción laboral!

Alberto ten algo que contarche:





Somos a cidadanía europea persoas voluntarias? En que ámbitos?





















































































Sarai Hervella
Sinatura Convidada




6 comentarios:

  1. Boa aportación. Sen dúbida o voluntariado é unha experiencia enriquecedora para a persoa que o leva a cabo mais tamén para a comunidade que disfruta dos seus servizos. Ante a falta de expectativas laborais é unha alternativa ideal para gañar en experiencia e demostrar que sobra actitude!

    ResponderEliminar
  2. Moi bos consellos Sarai, especialmente para a xente que non coñece estas alternativas. ¿Por qué autoimpoñerse límites?

    Non obstante son moi crítico co tema de fondo, xa que ó meu enteder, unha alternativa voluntaria deixa de ser tal cando obviamente se transforma en forzosa, e nestes casos nos que se xunta a fame coas gañas de comer...dame a impresión de que estas alternativas poden chegar a ser máis unha fuxida cara adiante que un enfrontamento do problema.

    Quero que quede claro que isto non é unha crítica ó teu post nin moito menos, só é unha reflexión persoal sobre a primeira premisa que propós sobre a falta de acceso ó mercado de traballo pola carencia de experiencia laboral. Non me gustaría que esa fose a causa de realizar o voluntariado, senón por libre albedrío, e é que como dicía a canción "algo se muere en el alma, cuando un amigo se va..." e xa non te digo se non é por vontade propia :S

    Bo traballo. Saúdos! :)



    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Efectivamente Carlos, non podemos caír no erro de enviar xente fóra para remediar o seu CV senón que ten que ser unha decisión ben fundamentada e cun obxectivo claro solidario, o que supón un doble enriquecemento!!...

      Eliminar
  3. Interesante, pero no te olvides prepararte para vivir el desarraigo familiar, entre otros

    ResponderEliminar

AS PROFESIÓNS MÁIS DEMANDADAS DE 2020

Susana Pombo Alcalde ¿Cales van a ser os sectores que crearan emprego a partir de 2020? ¿Qué empregos s...